Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
45 T o p ó n i m o s ‘chaira’, a maioría dos nomes de campos recollidos refírense ao seu propietario ou propietaria, como o Campo da Patoura (Muíños) ou o Campo do Marrolo (Comesaña); ao lugar en que están, os Campos da Táboa (A Viña da Veiga) ou o Campo do Pazo ; ou a algo que teñan no seu interior ou preto e que os caracterice como os Campos do Pontillón (Rial) ou o Campo do Choupo (Os Cocheiros). Van acompañados outros dun adxectivo que os modifica e que nos falan do seu tamaño: o Campo Grande (Rial). «medio ferrado (...) secano al sitio de Campo Grande » (1752, CME, Leigos, f. 522r) Campos foi tamén apelido documentado na parroquia. En 1888, Manuel Álvarez Campos, veciño de Comesaña, sobre a súa casa: «manifiesta que desde el año de 1874 a la fecha ha construído sobre otra bieja un van y medio más o menos». 5 Campo do Cura, O Terreo a pasto xa hai anos e con algo de viñedo fronte á casa do Jachías no barrio de Rial. Era unha das terras que formaba parte do patrimonio da igrexa de Comesaña e, polo tanto, era propiedade dos seus curas. Pouco ou nada se usa na parroquia a voz abade ou crego , unha das palabras máis usuais e documentadas para referirse ao cura. Con todo, son moitas as persoas que lembran como os vellos chamaban señor abade precisamente ao párroco. Moitos destes campos eran coñecidos como A Candea por ser herdades coas que se mantiña acendida a luz do Santísimo grazas ás súas rendas e pagamentos. Debeu existir este topónimo tamén en Comesaña onde sen dúbida se perdeu. «Andrés y Juan de Comesaña de Casás, pagan quatro reales por la leira da Candea sita en San Drigo » (1697-1932, AHD, Libro de fábrica 2, f. 11) 5 Arquivo Histórico Municipal de Vigo, BOU/25, n. 1496. 1888, decembro, 14. Bouzas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==