Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

43 T o p ó n i m o s vagaban polos camiños en fileira con ata sete luces, á fronte da cal ía un vivo que portaba unha cruz e un caldeiro de auga bendita. Tras del ían o resto de ánimas con candeas, non sempre visibles, e que ían dicindo «Pasen y dejar quedar» en perfecto castelán. Escribía sobre os camiños que pasaban pola parroquia Madoz en 1845, dicindo que «además de los caminos locales atraviesan por el término el que desde Vigo conduce a Bayona» ( Dicionario Madoz , tomo ii , p. 330). Segundo o profesor Gonzalo Navaza en documentos do ano 1557 menciónase esta vía como camiño, mentres que xa en 1578 se falaba de estrada. Non sería ata o século xvii cando se converte en Estrada Real de Vigo a Baiona. Taboada Leal describía esta vía como «un mal camino en lamayor parte, con atolladeros ymucho fango casi todo el año, con especialidad en la primera legua y desde septiembre hasta mayo». Nos nosos días, aínda que se segue oíndo estrada de Baiona, comeza a se cambiar paulatinamente pola denominación do século pasado estrada de Camposancos. Paralela a esta, ía máis achegada á costa a estrada coñecida como A Vía (PO-325), oficialmente chamada avenida de Ricardo Mella (1861-1925) en homenaxe ao grande intelectual e activista libertario de finais do século xix e comezos do século xx . Os restantes camiños eran os veciñais, a maioría deles moi estreitos e só adaptados ao tránsito de peóns e carros. Os camiños máis estreitos e ‘non aptos para o paso de vehículos’, só para andar persoas, eran denominados carreiros ou camiños de pés. Como exemplos de entre os moitos están o Carreiro da Fonte (A Fonte Santa), o Carreiro da Toxeira (Casás), o Carreiro do Penedo (A Igrexa-A Pedreira), o Carreiro de Pés (Comesaña-As Nogueiras), o Carreiro das Torres (A Rodeira) ou o Carreiro da Viña (Casás). A proximidade dunha destas vías ás terras levou á aparición de nomes diferenciadores como As Santas do Carreiro (Zona Franca) ou a Leira dos Carreiros (Casás). Noutros casos, o camiño de a pé pasou a denominar todo un conxunto de campos como aconteceu nos Carreiros , terras entre Comesaña e O Pazo. Fronte a estes nomes nunca antes recollidos están os camiños propiamente ditos e polos que transitan hoxe tractores e coches. Amaioría deles están presentes na rotulación viaria, non obstante, non todas as placas recollen ben o nome: o Camiño da Aguieira (Casás), o Camiño da Anduriña (Os Cocheiros), o Camiño da Barroqueira (Rial), o Camiño da Cacheira (O Pazo), o Camiño da Ceña (A Ponte, rotulado erroneamente

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==