Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 42 da Zona Franca en 1958, na primeira etapa, estaban os terreos da Fonte da Pedreira e A Calquiña, unhas 85 varas valoradas en 2400 pesetas. 4 «se le hace cargo de sinco reales y veinte y tres maravedís que anualmente paga Gregorio Alonso da Devesa vezino de San Paio (...) por el campo de la calquiña » (1697-1932, AHD, Libro de fábrica 2, f. 53) «Afonso Rodríguez trae vna heredad buena que dizen da Calquiña » (AHMV, Relazion, 1643, f. 2r) «campo que se dice de Calquiña de honce ferrados (...) que demarca por una parte con estrada que ba para Vayona» (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 1v) Calvario, O ou Viacrucis da Rodeira Conxunto de cruces no barrio da Rodeira polo que en Semana Santa aínda se fai o percorrido do viacrucis. Do latín calva ‘cranio’ provén a voz calvarium . Referente neste caso á xeografía relixiosa, é un termo empregado con diversas acepcións: ‘lugar onde Noso Señor Xesucristo foi crucificado’, ‘viacrucis’ ou ‘elevación na que se pon unha cruz para figurar o calvario’ (Dicionario de dicionarios) . O Calvario da Rodeira está formado por unhas doce cruces pétreas incrustadas nos muros dos arredores, algunhas delas cambiadas nos últimos anos por outras de cemento. O Cristo do Outeiro é a fin deste calvario e simboliza o monte alto onde Cristo foi crucificado. Camiños C amminus en latín, como ‘vía pola que se transita’, é un celtismo (a palabra latina para ese significado era via ). Polos camiños, ademais das persoas, cóntase que transitan os defuntos ata tres anos logo de mortos en forma de acompañamentos ou Santa Compaña. Foron moitas persoas na parroquia que oíron falar destes seres que 4 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), carp. 20, ano 98, núm. 410008.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==