Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

41 T o p ó n i m o s Cadela, A O campo chamado A Cadela está situado nas estremas con Coia, por debaixo do camposanto de Bouzas. Entestaba no sur coas vías do tranvía que ía a Baiona. A cadela é a femia do can, chamado en latín catellus . O sentido figurado de cadela é o de ‘muller perdida, mundana ou puta’ (Dicionario de dicionarios) , pero A Cadela de Comesaña ben se refírese ao animal, antiga posesora alcumada A Cadela , ben incluso como topónimo con carácter despectivo para unhas terras de pequeno tamaño. De existir noutrora algún tipo de rega ou canalización no lugar, estariamos ante un diminutivo de cada (< caada < canalata ) presente en topónimos como Fontecada ( fonte canalata ). O vigués levaría o diminutivo - ela e lembraría o paso polo lugar dunha canle ou rego. Caíñas, As Terreos ocupados por viñedos, algúns deles abandonados e poulos no barrio de Comesaña, diante da casa da Chidiñas. O caíño tinto é unha das moitas variedades de uva que se dá na parroquia xunto a outras variedades como a alicantina, o collón de galo, a benedita ou cagarrucha , a pionona (a uva fresa das terras do Miñor), a mencía ou outras. Son As Caíñas , polo tanto, un topónimo que designaba o tipo de viña que se daba nestas terras nas cales aínda hoxe hai algunha mostra desta variedade. Calquiña, A Terras hoxe á beira da estrada de Camposancos, pouco despois de pasar a gasolineira da Pedreira e antes da entrada cara ás naves de Vitrasa. O topónimo A Calquiña procede do verbo calcar , do latín calcare ‘pisar’. Refírese ao acto de calcar os terreos para darlles consistencia e evitar que queden foupeiros ou folgados. Entre as últimas expropiacións

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==