Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 40 Procedente do participio de cachar ‘romper’, derivado de cacho ‘anaco, pedazo’, unha cachada refírese a un terreo que foi sacado de monte para ser cultivado. Os dicionarios tamén apuntan a un ‘terreo inculto que foi arado e preparado para sementar’. É sinónimo de minada , tomada, vesada etc., todas elas denominacións referentes a terras gañadas do baldío. Moitos dos lugares chamados Cachada relaciónanse con terras dedicadas ao cultivo do millo americano, polo tanto, bautizadas así dende a chegada deste alá pola segunda metade do século xvi . Cacheira, A A Cacheira é un topónimo en vías de extinción. A instalación na maioría dos seus terreos de industrias como Productora Faro deu lugar a que o nome se use xa pouco. Tamén da familia de cachar provén o substantivo cacheiro ou cacheira . Ambos designan terras que foron sacadas de monte ou de mato para ser cultivadas. Algúns dicionarios din que unha cacheira é un ‘terreo moi espazoso’ (CVFLG), fronte a cachada que é de menores dimensións. Cachizal, O Terras a poulo no lugar de Comesaña xunto ao carreiro de pés que, dende os resíos da casa da Chidiñas, une este barrio co camiño da Gatallada. O Cachizal parece derivado de cachizo , substantivo con diferentes significados que puideron dar en alcume. Derivado de cacho ‘pedazo’ ou vinculado con escachizar ‘partir en anacos’, na toponimia trataríase de propiedades fragmentadas (partidas en cachizas ) como Os Cachizos recollidos en Beade.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==