Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
39 T o p ó n i m o s Estes topónimos tan abundantes na nosa toponimia adoitan aparecer referíndose a lugares abrigados e cóncavos ou accidentados como acontece nas Buracas da serra da Groba, na parroquia baionesa de Belesar. O substantivo feminino buraca emprégase para referirse a unha cavidade moito maior ca a designada co masculino buraco / burato de orixe prerromana, probablemente céltica. Cabanas, As Dun latín tardío capanna , cabana é un xenérico característico que se emprega fronte ao nome canizo, común no Val Miñor para nomear o hórreo. Refírese a un ‘silo ou graneiro, levantado sobre postes para evitar a humidade e o ataque dos animais daniños’ (DicionariodaReal AcademiaGalega) . Coachegadadomillo fíxose necesaria a aparición de novos exemplares destas construcións como dependencias en que gardar e secar a colleita de todo o ano. Sería a finais do século xvii e xa no xviii , e ata os nosos días, con fins distintos, cando os nosos canteiros comezaron a copiar as formas das antigas cabanas en madeira para facelas duradeiras en pedra. Todas as cabanas da parroquia son pétreas, aínda que as hai mixtas e teñen os respiradoiros de madeira, cambiados nalgunhas por ladrillos recentemente. Algunhas destacadas son A Cabana da Casa do Monte (A Pedra Branca), A Cabana do Chiripa (As Nogueiras), A Cabana do Daniel da Presa (Casás, quizais a de maiores dimensións de todo Comesaña con dez pés), A Cabana do Llanderas (As Nogueiras), A Cabana do Madruga (As Pereiras), A Cabana das Marelas (A Pedreira), As Cabanas do Tiquitoque (A Ponte) ou A Cabana do Vitorio (desaparecida, PAU de Navia). Cachada, A Case ao final do camiño do Topete en Casás, dominando sobre a «vagoada» da Gandra, atopamos un conxunto de terras chamadas A Cachada .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==