Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 38 «tres ferrados en el cocho da Bouza , parte con campo da Señeyra » (AHMV, Relazion, 1643, f. 3v) « cocho da Barjiña de quatro ferrados (...) que demarca con campo de Alonso Mallo y campo da Cineira de arriba» (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 1v) Bouzós Terreos ás beiras do río dos Pumariños, hoxe ocupados pola industria automobilística do polígono. Bouzós é un nome derivado de bouza mediante o sufixo diminutivo correspondente ao latín - ola , que no galego desta zona resulta en - ó . É un nome menos común ca a súa base bouza, pero ten o mesmo significado de terreo con árbores e mato. A diferenza radica seguramente nun menor tamaño. Breñas, As Terras á beira do río do Granxeo, a continuación das Gordoias no Rial de Mato. Unha breña , termo de orixe descoñecida, mais seguramente prerromana, podería aludir na toponimia a unha ‘terra quebrada entre penedos e poboada de maleza ’ (Dicionario de dicionarios) . Debeu ser o mato que abundou nesta zona o que motivou a existencia deste nome, unha hipótese apoiada na proximidade do topónimo O Rial de Mato . «dos ferrados de monte de segunda calidad al sitio da Breña » (Libro do Maior Facendado, libro 273, f. 3928, Rolo 196 B, AHU) Buracas, As Campos en Rial ás beiras do río, detrás da casa do Papalaluna.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==