Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

37 T o p ó n i m o s Foi a segunda muller de Enrique VIII de Inglaterra, Ana Bolena, a que deu pé en Galicia ao seu emprego, coa forma anabolena, como alcume de ‘mulleres valerosas e dispostas, que camiñan á présa’, así como infieis e lixeiras (Dicionario de dicionarios). A segunda parte daquel nome, co apelido Bolena, quedou nestes campos de Rial que, quen sabe, pertenceran a unha muller alcumada Anabolena . Bouza, A Zona á entrada do PAU de Navia, moi preto da gran rotonda situada debaixo da circunvalación, e na que están construídos os dous edificios de promoción pública. A palabra bouza, de orixe prerromana, aplícase a terreos de vexetación mesta, de monte baixo. En Fragoso unha bouza é unha ‘propiedade de monte ’ . O nome que se usa para referirse ao parque da Bouza é erróneo (ao parecer das persoas nativas) e está fóra da súa orixinal situación. A propia Bouza non estaba en terras de Coia, senón en Comesaña, en terreos que hoxe ocupa o actual PAU de Navia e no cal en tempos estivo un dos apeadoiros do tranvía cara a Baiona (O Apeadouro da Bouza) . «Catalina Alonso trae el campo que se dize da Bouza , el de auaxo» (AHMV, Relazion, 1643, f. 1v) «con más sobre el campo que se dize da bouza que lleva de sembradura ocho ferrados de trigo poco más o menos» (1661, AHD, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, 16, carpeta 2, f. 3v) «ocho ferrados (...) secano al sitio de Bouza de arriua » (1752, CME, Leigos, f. 698v) «A Juan Manuel, desertor hijo de José Costas y María Antonia Alonso [se le embargan] cuatro retrazos de terreno nombrados da Bouza » (1839, AHMV, Subasta de bens secuestrados aos prófugos do distrito, BOU/24, f. 2v) A Bouza da que se puido contaminar no seu nome o parque homónimo parecía estar contra o río Lagares, próxima ás Señeiras.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==