Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 36 O substantivo feminino barxa deriva dunha forma esdrúxula do latín medieval * varcena ou * vargena procedente da raíz * var - hidronímica indoeuropea. Emprégase aínda hoxe en día como xenérico na fala viva para referirse a ‘terras que un río cobre nas súas enchentes a un e outro lado da súa canle ’ (Dicionario de dicionarios) ou para ‘terras moi molladas que non producían cultivo; herbais húmidos ’ . No topónimo As Barxas Grandes , o substantivo barxa aparece modificado polo adxectivo grande , referente ao gran tamaño que tiñan estas terras de pasto. Moitas persoas recordan estes campos cheos de cachopos, medoucos de herba seca, que en épocas de moita chuvia viñan parar ao lugar do Pazo traídos polas augas do bravo río. «Andrés de Comesaña el moso de Casás y Juan de Comesaña da Barreira vezino de Balladares pagan nuebe reales por el campo da barja » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 11) «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio da Barxa de Comesaña » (1752, CME, Leigos, f. 429r) «un ferrado y medio (...) secano al sitio de Barja de Forno » (1752, CME, Leigos, f. 513r) Bodega do Lagar, A; Bodega Pequena, A Nunha soa construción dividida en dúas, no camiño de Rial, atopamos na bodega pequena o forno de cocer o pan e na de maiores dimensións o lagar de prensar a uva. Das moitas bodegas existentes en todo Comesaña, anotamos só a localizada neste barrio de Rial por ser un espazo emblemático arredor do que se facían os antigos seráns (véxase O Serán ). A gran presenza de alboios dedicados a bodega en toda a parroquia amosa a importancia que tivo a produción de viño en todo Fragoso. Consérvanse na parroquia algo máis de dez lagares, algúns nos baixos das casas e outros en alboio independente. Bolena, A Campos situados por riba da fonte da Cal no barrio de Rial.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==