Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
35 T o p ó n i m o s «una cavadura de viña (...) al sitio de Barreiros » (1752, CME, Leigos, f. 503v) «nueve ferrados (...) secano al sitio de Barreiro » (1752, CME, Leigos, f. 625v) Barroqueira, A Moi preto de onde estaba un dos bens do igrexario da parroquia, ao chegar á volta que o camiño fai no lugar do Castañal, atopamos A Barroqueira , pouco despois de pasar a casa do Xamoneiro. Unha barroqueira , igual ca o é unha barroca (Baíña, Baiona) ou unha barreira , é un lugar de onde se extrae barro. A abundancia no lugar dun barro moi bo e fino fixo que fosen moitas as persoas que foron sacar de alí barro e xabre para tapar portas de fornos, usar na construción de muros ou selar a pota da augardente cando viñan os augardenteiros de Guláns. Son moitas as persoas que recordan como os carros quedaban enterrados nestas terras, de paso obrigado para ir aos campos das Gordoias. De idéntica orixe é o topónimo documentado no século xvii para «la heredad das Barrocas de quatro ferrados de pan en senbradura que demarca con la telleira de Balahido y río de la Puente de Sárdoma » (AHMV, Morgado de Pazos , 1643, f. 2r). A proximidade destas industrias á fonte de materia prima parece clara. Barxas Grandes, As; Barxas, As Comesaña tiña moitas terras de barxa pola súa gran humidade. Onde hoxe están as naves deseñadas por César Portela para Vitrasa contra o río, son As Barxas . Ás beiras do río de Rial había tamén terras de barxa, algunhas delas cultivadas hoxe con millo e outras a poulo . As Barxas Grandes foron terras ocupadas pola Zona Franca atravesadas por un camiño que conectaba coa ponte da Señoriña (Coia).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==