Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 34 «un octavo de deesa (...) al sitio de Baños » (1752, CME, Leigos, f. 474v) «un ferrado de monte (...) al sitio de Baños » (1752, CME, Leigos, f. 610v) «... los herederos de Sebastián de Comesaña y consortes deven pagar anualmente la limosna de una misa resada (...) que se halla impuesta en el campo dos Baños » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 10v) «terreno destinado a monte, Baños, de 600 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Antonio Comesaña Vila, f. 2) Barredo, O Labradíos e pastos do barrio de Rial que lindan co río e que eran regados coa presa que había na mina da fonte da Cal. Foi a abundancia de auga na parroquia a que fixo que moitas terras fosen auténticos lameiros. É do vocábulo prerromano barro mais do abundacial - edo de onde provén o noso Barredo , que designa as terras pegadas ao río de Rial; lugar en que ‘había ou se formaba moito barro’. Documentamos a forma Birredo , que cremos que é variante; non obstante, explicaríase mellor a partir de Berredo ca non de Barredo. «... al sitio do Birredo » (1752, CME, Leigos, f. 695v) «un ferrado en sembradura (...) secano al sitio do Birredo » (1752, CME, Leigos, f. 763v) Barreiros, Os; Barreiro de Baixo, O; Barreiro de Riba, O Terras que lle quedaron ao barrio de Comesaña logo de que o complexo industrial situado nos Pumariños lle arrebatase a maioría dos seus campos de labor. Nome derivado, coma o anterior, de barro , atendendo á constitución da terra, abundante en lama. É moi común na toponimia, como aquí acontece, que as terras se distingan ben pola súa latitude, ben pola súa localización. Así, O Barreiro de Baixo está máis cara ao sur ca O Barreiro de Riba .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==