Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
33 T o p ó n i m o s dejando la más alta descarnada e improductible. Cuando estas ribadas son demasiado grandes y que asombran los terrenos, deben sacarle la tierra en carros y transportarla a la parte superior de la heredad, conservándola después principiando todas las labores por lo más alto, con lo que la tierra no irá abajo, sino arriba o a lo menos se conservará en su ser y producirá toda igualmente’. Entenden algúns autores ribada como terreo contiguo a corrente de auga (Marqués, 2004: 175). Baixas, As Terras situadas nunha pequena vagoada, subindo polo camiño Fondo á dereita. Abundan hoxe nelas as silvas e os canavais, froito do seu abandono. Deriva de (leira) baixa ou (terra) baixa, en contraposición locacional con outras terras máis altas e transitadas, como podía ser A Fría ou Costelas , todas elas situadas a maior altitude respecto a estas. Baños Terras a poulo, moitas delas aterradas polo peche do antigo vertedoiro de lixo, situadas por riba do barrio de Casás e por baixo da Paraguda. Baños é descrito en 1888 como monte «al que le cruzan caminos y riegos que fertilizan predios de particulares», 3 aludindo deste xeito á abundante humidade predominante nestas terras. Dado que nesta área existe tamén o apelido Baños , a vinculación co apelido de propietario ou propietaria non se descarta. Rexeitamos dende logo a existencia dun balneum , é dicir, un ‘establecemento público onde se podían ir a tomar baños de augas minerais ’ . 3 Medición y deslinde de los montes de aprovechamiento común de varias parroquias pertenecientes al término municipal de Bouzas . AHMV, BOU/24.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==