Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 32 Característico da toponimia do Val Miñor e do Baixo Miño e emparentado co verbo arar ‘labrar a terra’, o substantivo aral designaba un espazo de terra cultivado formado por diferentes pezas de terra dedicado a hortalizas, árbores froiteiras e viña. En canto á súa extensión é maior ca un cocho (pode haber varios cochos e viñas dentro dun mesmo aral): «doce ferrados labradío secano segunda calidad al sitio de Aral » (Libro do Maior Facendado, libro 273, f. 3928, rolo 196 B, AHU) Areosa, A; Tomadas do Areeiro, As Tomadas existentes por riba da Gandra de Casás e á beira do camiño que vai á Aguieira. Do latín arenam ‘area’ estes topónimos refírense a terreos areosos ou con mestura de xabre e de area na terra. Hai quen utiliza indistintamente para referirse a estas terras tamén o nome A Areosa , de clara semellanza: «cinquenta y quatro ferrados de monte ynutil al sitio de Areeiro y Bustarenga linda a leste [y] norte con haciendas del lugar do Freijo...» (1752, CME, Leigos, f. 802r) Arribadas, As Labradíos situados no alto formado sobre As Gaiosas, no barrio de Comesaña. Derivado de riba e dunha orixinaria ribada entendida como terreo en declive ou terraplén, entre dous terreos, como delata a súa situación en Comesaña (Dicionario de dicionarios) . En 1863, o Dicionario gallego- castellano , elaborado polo presbítero Francisco Javier Rodríguez, define ribada como ‘elevación de tierra formada en una heredad por dos razones porque la parte de arriba se acumula la tierra y por la de abajo le va faltando insensiblemente por la mala inteligencia de los labradores que con la labor la van acarreando al hondo o parte más baja,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==