Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

31 T o p ó n i m o s de medio corpo e as outras só coa cabeza. Sobre a pequena fornela que acolle as animas e un medallón co ano de construción, aparece coroando o peto un cristo crucificado feito en pedra. Na base da cruz aparece unha caveira xunto a dúas tibias cruzadas, símbolos da morte. Toda a composición aparece policromada con vivas cores que fai que o peto resalte sobre o muro branco que o acolle. Á súa beira ten instalado un pequeno farol que acolle unha candea no seu interior. Pese á súa restauración non hai moitos anos, ao peto xa lle falta a figura de Cristo na cruz. A tradición popular indica que o peto de ánimas foi instalado en lembranza dun peregrino ou romeiro que, de camiño a Santiago, parou a descansar neste lugar e faleceu. Apeadeiro da Bouza; Apeadeiro de Muíños Do verbo apear, aínda tan escoitado na zona, provén apeadoiro . Fronte á estación central, os apeadoiros eran ‘pequenas estacións onde os trens (neste caso o tranvía) non se detiña máis que para tomar e deixar viaxeiros’ (Dicionario de dicionarios) . O tranvía converterase en realidade en 1912. Dese ano é a acta fundacional da compañía anónima Tranvías Eléctricos de Vigo , aínda que non sería ata tempo despois cando comezou a circular. As paradas correspondentes á parroquia de Comesaña con apeadoiro eran as da Bouza no quilómetro 5,1 e Muíños no 6,7 (dende a súa chegada coñecido como Molinos ). Neste mesmo lugar existía un enlace que ía cara a Samil, de 2,8 quilómetros, e que fora establecido en marzo de 1945. A liña que unía Vigo-Baiona desapareceu en marzo de 1968, mentres que o resto de liñas o fixeron o 31 de decembro dese mesmo ano. Aral, O Pouco queda do orixinal Aral situado ao pé da casa da Cuca, no barrio das Pereiras, que linda co río do Pazo. Parte da súa extensión desapareceu coa instalación na zona de distintos equipamentos industriais.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==