Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 30 «y lo más sobre el su campo que se dize do anguieyro que llevara de sembradura un bucio de trigo poco más o menos» (1661, AHD, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, 16, carpeta 2, f. 3v) «un ferrado (...) secano al sitio de Anguieiro » (1752, CME, Leigos, f. 477v) Anicacas, As Pequenas leiras de labor situadas sobre As Baixas con entrada de servidume polo camiño Fondo que vai dar ao Carballo da Laxe. A palabra anicaca non é máis ca unha feminización do substantivo anicoco (quizais derivado de anano co sufixo - aco presente en palabras como monicaco), utilizado para referirse a unha persoa ou cousa anana, demasiado pequena. Ao ser unha palabra pouco usada nesta zona, foi recollida no val de Miñor ao falar de persoas pequeneiras. O topónimo de Comesaña refírese sen dúbida ao pequeno tamaño das parcelas. Ánimas do Romeu, As Peto no muro da casa de Severina das Ánimas, na estrada de Camposancos. Aos petos de ánimas chámanselles en Comesaña ánimas ou almiñas coma en boa parte de Fragoso. O topónimo do Peto das Ánimas do Romeu vén motivado pola existencia dun peto no cal se lle podía dar esmola ás ánimas benditas. Na súa fachada pódese ler: Año 1860 Ánimas del Romeu San Andrés de Comesaña Data o peto actual do século xix e non podemos evidenciar a existencia doutro no lugar antigamente. Presenta nun espazo central, enmarcado por dúas columnas xónicas e elementos decorativos, un grupo de seis ánimas que representan o purgatorio. Entre elas, ocupando o espazo central, hai un eclesiástico que xunta as mans en sinal de oración. Arredor deste agrúpanse as restantes figuras, dúas delas representadas

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==