Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

29 T o p ó n i m o s «un quarto de ferrado (...) secano al sitio de Ameás » (1752, CME, Leigos, f. 425v) «a Juan Ramón Fernández [se le embarga] el labradío y cañaveral titulado de los Ameás » (1839, AHMV, Subasta de bens secuestrados aos prófugos do distrito, BOU/24, f. 2v) Anduriña, A Campos do barrio dos Cocheiros que estreman con Matamá. A ave migratoria coñecida en castelán como golondrina ten a orixe do seu nome no latín * harundina . Descoñecemos se se refire a esta ave ou a unha antiga propietaria que se alcumaba A Anduriña : «un tercio de ferrado (...) secano al sitio de Anduriña » (1752, CME, Leigos, f. 423r) «Sebastián de Comesaña (...) casa terreña al lugar de Anduriña » (1752, CME, Leigos, f. 786r) «terreno a labradío, viña y cañaveral Anduriña o Sanín de 770 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Antonio Comesaña Vila, f. 2) Anguieiro, O Terras situadas na actual Zona Franca, ás beiras da ponte do río Sárdoma. Na fala da zona dise anquieiro e refírese seguramente a un lugar en que abundaban as anguías (Anguilla anguilla) , tan abundantes noutro tempo no río Sárdoma, segundo a veciñanza. A anguía ( anguilam en latín) foi un peixe moi apreciado polos romanos que a usaban para elaborar a súa famosa salsa (o garum ): «campo de Tallarín de diez ferrados de pan en sembradura y demarca con heredad que llaman do Anguieiro y río de Sárdoma» (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 1r)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==