Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 28 dos grandes alboios conservados en Comesaña atópase tamén o forno do pan e o palleiro, cando non existe para estes unha dependencia independente. Adoitan ser todos de planta cadrada ou rectangular, abertos por un ou por varios lados, de costas ao vento dominante e con tellado a dúas ou a unha auga. Pese á súa abundancia, só recollemos, como exemplo, O Alboio da Tía Gena , A Cachana . Non é que fose nin moi grande nin importante, pero garda un significado descoñecido para moitas persoas. Foi este o lugar onde a Virxe do Rosario, segundo a tradición local, se lle apareceu a un neno do barrio de Comesaña. Tras a visión, o cativo perdeu a fala e os seus proxenitores tiveron que ofrecelo ao glorioso San Campio de Lonxe en Figueiró (Tomiño). O seu pai levouno ás carranchapernas dende Comesaña ata as beiras do Miño. Alí oíron a correspondente misa e o neno foi ofrecido dentro dun cadaleito disposto para tal fin na procesión. Acaboulle por vir a fala ao pouco tempo. Ao chegar o día da procesión do Rosario, celebrada cada 8 de setembro, o neno colleu a nai da man e, cando viu saír a Virxe en andas, díxolle pola calada: «Mamá, esa foi a muller que se me apareceu no alboio da Tía Gena!». Ameases, Os; Amieiros, Os Os Amieiros é o nome que recibe o monte comunal á altura do cruzamento entre a estrada do Zondal e o camiño que vai dende Casás ata A Paricia. Tanto en terras hoxe ocupadas pola Zona Franca coma nunhas tomadas ao pasar o alboio da Mercedes do Santiago, na Gandra de Casás, consérvase o topónimo Os Ameases . Amieiro é a denominación común da árbore coñecida cientificamente como Alnus glutinosa . Ameneiro provén dun latín galaico aminarium , mentres que ameal o fai de aminalem . É unha árbore propia de terreos húmidos. As zonas de Comesaña chamadas Os Amieiros e Os Ameases son pluralizacións referentes a lugares poboados desta variedade de árbore. A reduplicación do morfema de plural indica que a forma antiga do topónimo Os Ameases era Os Ameás (do étimo aminales ), unha forma que deixou de ser percibida como plural e á que se lle engadiu o - es final:
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==