Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

27 T o p ó n i m o s 1888, indícase que, ademais do topónimo As Augas Altas , en «algunos llanos se conocen con el de Talliño». Aguieira, A Monte comunal con área recreativa e miradoiro sobre a ría de Vigo. Debeu ser un lugar en que quizais se deixaron ver ou aniñaron aguias (Aquila chysaetos) , ave hoxe tan pouco abundante nos ceos vigueses. Provén do latín aquilam ‘aguia ’ de onde deriva, á súa vez, aquilariam ‘lugar onde abundan as aguias ’ . En 1888 era descrito como monte «accidentado, cubierto en casi toda su estensión de grandes peñascos y cantos rodados, terminando en una cúspide con vertientes al oeste y norte». 2 Deulles nome ás terras da súa contorna. «Joseph García (...) un molino de una rueda al sitio de Aguieira » (1752, CME, Leigos, f. 504v) «un tercio de monte (...) al sitio de Tumbiño da Aguieira » (1752, CME, Leigos, f. 769r) «sesenta y un ferrado de monte ynutil al sitio de Morujento y Aguieira ...» (1752, CME, Leigos, f. 803r-803v) «... norte haciendas de los vecinos (...) y sur monte de Aguieira ...» (1752, CME, Leigos, f. 803v) Alboio da Tía Gena, O Alboio é a palabra utilizada na zona para referirse a un cuberto, é dicir, un ‘telladiño que arrinca dunha parede cara a fóra ou que está arrimado a ela, para resgardar da chuvia o carro e algúns apeiros de labranza’ (Dicionario de dicionarios) . Era nestes lugares onde os días de mal tempo se facían traballos como debullar millo, cortar leña ou arranxar apeiros da labranza. Nalgúns 2 Medición y deslinde de los montes de aprovechamiento común de varias parroquias pertenecientes al término municipal de Bouzas . AHMV, BOU/24.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==