Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 26 Adro, O Arredores da igrexa parroquial. Procedente do latín atrium , pasou de designar o lugar que antecedía a casa romana ao situado diante e arredor da igrexa parroquial. O Adro de Comesaña non tiña en orixe o muro perimetral que ten hoxe en día, polo que se sucederon dende 1611 ordes do bispo para que «los feligreses (...) a su costa, adereçen el atrio so pena deb dos ducados». Parece que o primeiro muro foi de 1617, ano en que se volverá dicir que «los feligreses cierren el atrio de la Iglesia por todas partes donde estuviera abierto (...) dentro de quince días, pena de excomunion maior y de ocho reales para que un pedrero lo cierre a su costa, no haciendolo ellos». Dende 1883 prohíbese enterrar no interior das igrexas, polo que se deron normas para podelo facer nos adros, lugares utilizados como espazo de inhumación dende xa de vello, ou en novos cemiterios afastados das igrexas. «Juan Antonio Gutierrez Castillo (...) casa de un alto con su torre al sitio de la Yglesia (...) linda a la derecha con el atrio de la yglesia » (1752, CME, Leigos, f. 422r) Agua Alta, A Tomadas situadas por riba da Canteira do Jacinto mesmo ao lado dos Talliños. Debeu ser o regueiro dos Talliños e as súas augas o que serviu para comezar a denominar estas tomadas como A Agua Alta en referencia á súa altitude. En 1861 tiña o común de Comesaña, entre As Augas Altas e A Fontaíña , dúas hectáreas de monte estremando por «norte y poniente con bienes de particualres, Sur montes de Valladares y naciente con riachuelo que vaja de dicho Valladares». Xunto a outros comunais, a veciñanza redimíraos dun pagamento que lle debían ao abade e cura simple de Comesaña. 1 Con motivo do seu deslinde en 1 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), BOU/24, Patrimonio, montes. 1861, outubro, 3. Bouzas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==