Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
25 T o p ó n i m o s Abadía, A A Casa do Cura ou A Abadía localízase a non máis de 200 metros da igrexa parroquial, nunha boa casa de pedra con patín, presidida por unha entrada ou portal con lintel coroado por unha cruz. O barrio no cal se encadra xunto aos terreos circundantes é o dos Eidos. A Abadía é o nome co que se coñece na parroquia a Casa do Cura ou A Reitoral . Do latín abbatia , unha abadía é a ‘casa na que habita o abade ’ ; polo tanto, o eclesiástico encargado de oficiar, bautizar, confesar e enterrar na parroquia. Abelar, O Terras de labor entre Rial e Casás, por detrás do campo que o igrexario tiña diante da casa do Jachías. O Abelar é un lugar onde deberon abundar abeleiras (Corylus avellana) , árbores que dan as abelás, en latín Abellana nux . É un derivado colectivo co sufixo - ale (ABELLANALE). « tres ferrados (...) secano al sitio de Auelal» (1752, CME, Leigos, f. 457r) Topónimos 8
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==