Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 24 tamén o seu Sardomela, é dicir, un río que fronte ao principal é algo máis pequeno e leva menos auga. Ao seu paso pola parroquia de Comesaña recibe ata outras catro denominacións que se refiren ben ao lugar polo que pasa, como acontece no Río da Ceña , ben a construcións que serven para o cruzar, como o caso do Río da Ponte ou o Río da Táboa . Debeu ser outro nome, O Río de Barcos , o que deu orixe á denominación das terras localizadas na súa beira por debaixo do actual cemiterio parroquial. Os afluentes do Sárdoma Ao río Sárdoma verten a súa auga dous importantes ríos ou regatos (segundo a época do ano) que nacen nos montes de Comesaña e de Matamá. Dende Sanín, con nacentes en Matamá, o río que cruza os barrios da Rodeira e Comesaña recibe o nome do Río de Gonzas que, á súa vez, conta con outras denominacións debidas aos lugares que atravesa tales como o Río da Presa e o Río da Rodeira . Unha segunda corrente de auga importante, que conta con ata tres regos que lle dan auga, vén do barrio de Rial. O Río do Croque baixa do monte da Aguieira e cruza a Gandra de Casás e vai parar ao barrio da Regueira, logo de mover o rodicio de ata catro muíños. Alí xúntase co Regueiro dos Talliños , que nace en Freixo e move outros dous muíños, o muíño de Riba e o de Baixo. O Río do Granxeo , que volve á superficie en terras de Fragoselo tras se mergullar nas profundas Covas do Folón ou do Furón, como algúns din, quizais relacionando as grandes cavidades cos buracos que fai este animal na terra, conflúen con eles no lugar das Breñas. Dende esta unión, o curso que forman os tres regueiros citados coñécese como o Río de Rial por antonomasia. Novamente, xúntase baixo as fértiles terras das Gaiosas, co xa citado Río de Gonzas e as súas augas van dende aquí xuntas dar ao Lagares. Pouco antes disto e río abaixo sucédense nomes como o Río dos Pumariños , o Río do Pazo ou o Río Verde ; todos eles referidos a unha mesma realidade hidrográfica que podiamos chamar Río de Comesaña .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==