Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
23 O L a g a r e s e o s e u p a s o p o r C o m e s a ñ a O río Lagares é, sen dúbida, o río máis representativo da cidade de Vigo. Nace moi preto de Cabral no lugar coñecido como A Lagoa Mol e verte as súas augas na Foz despois de pasar polos barrios de Comesaña da Ponte, O Pazo ou Muíños, onde as súas augas comezan a amansar ata que pasan A Xunqueira e A Ponte Vella das Salinas. Segundo o vigués Gerardo Sacau, o hidrotopónimo Lagares foi un nome orixinado en relación coas ‘cuncas ou pías de auga formadas no nacemento do río’. Témolo documentado ata o século pasado como Río de Sárdoma , aínda que acabou por imperar a denominación actual de Lagares debido probablemente, como apunta Iván Sestay, a un consenso con fins unitaristas para a feitura de cartografías e dunha unidade onomástica para un río que é o principal da cidade. Se non fose así, o Lagares podería ser coñecido por calquera dos seus outros nomes tradicionais referentes aos lugares polos que pasa. De que o río se chamase así non hai dúbida ningunha en Comesaña, onde unhas leiras situadas por detrás da actual estación de servizo, contra o río, se coñecen como As Sárdomas (véxase As Sárdomas ). O Sárdoma viría sendo literalmente ‘río grande’ ou ‘auga grande’, levando ese (d)- oma que, aplicado á raíz sar (‘auga’), actúa como aumentativo. Sería unha denominación moi aceptable se comparamos o caudal deste río con calquera dos outros regatos das parroquias viguesas fronte aos cales o Sárdoma era o río maior. Outro topónimo que apoiaría a hipótese deste primixenio nome sería Sardomela . Igual ca outros ríos con diminutivo (caso do Sar co Sarela, o Tea co Tielas ou O Tambre co Tamarela), O Sárdoma tiña O Lagares e o seu paso por Comesaña 7
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==