Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 22 século  xii como Camesia . O correspondente diminutivo Camesella é topónimo en Nigrán (de onde provén o apelido Cameselle ). Estariamos entón ante un derivado, mediante dupla sufixación, da raíz céltica cam - ‘curva’, polo que o seu uso como nome de lugar tanto puido vir motivado pola orografía (‘lomba’ ou ’depresión, concavida- de’) coma por unha revolta no camiño. A suposta alteración Camesania > Comesania tivo que producirse antes de mediados do século xii , dada a documentación. Quizais se veu favorecida por unha interpretación do topónimo coma se fose un sobre- nome composto dunha forma do verbo comer e o substantivo saña , tal como suxería Gerardo Sacau, aínda que igualmente podería explicarse por simple labialización da vogal (a > o) en contacto coa consoante bilabial /m/ ou /b/, fenómeno tan común nesta área xeográfica (lebada / lobada , devesa / dovesa) , mesmo en posición tónica (mallo / molle , fame / fome) . O topónimo Comesaña constitúe un unicum : non hai ningún outro lugar con ese nome. Por iso se pode dicir que todas as persoas portado- ras do apelido correspondente teñen a súa orixe remota nesta parroquia de Fragoso.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==