Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
21 O t o p ó n i m o C o m e s a ñ a Rexístrase por escrito desde polo menos o século xii co nome actual, Comesania en latín («in terra de Fragoso ecclesia sancto Andree de Comesania», ano 1156) e Comesaña en galego desde o século xiii . A xulgar pola advocación de Santo André , un dos santos pertencentes ao vello santoral anterior ao século viii , é probable que xa viñese sendo sé parroquial desde moito tempo atrás. Seguindo a González Reboredo (2012: 46), Santo André foi, xunto a San Pedro e Santiago, un dos após- tolos con maior presenza no padroado das nosas parroquias. Na dio- cese de Tui ocupa o décimo posto (sete parroquias, 2,4 %) por detrás de San Mamede e diante de Santa Baia. Santo recollido polos apócrifos maniqueos, foi propagada a súa devoción a finais do século v e, entre as primeiras referencias como titular dunha igrexa, consérvase un do- cumento do mosteiro de Samos outorgado polo rei Ordoño III no ano 951; ademais de ser patrón de mosteiros como o de Congostro (Rairiz de Veiga), documentado arredor do 1002, ou advocación principal dun dos máis importantes santuarios de Galicia, pois por todos é sabido que a Santo André de Teixido «vai de morto quen non foi de vivo». Aínda sendo a súa advocación en galego (Santo André), a forma castelanizada acabou por imperar na denominación desta parroquia viguesa a pesar de aparecer na documentación antiga como Santo André de Comesaña. Comesaña é topónimo de orixe escura, probablemente prerromana. A hipótese etimolóxica máis verosímil é que remonte a un étimo céltico *C amesania , composto de camesia e o sufixo - aña (cf. Ardaña , Bendaña, Besaña, Barraña, Barbaña...) . O substantivo camesia está presente no topónimo Cameixa (O Carballiño, Ourense), documentado en latín no O topónimo Comesaña 6
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==