Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

195 A g r a d e c e m e n t o s Parte da nosa memoria queda agora a salvo. Evitamos que, dalgún xeito, se perderan para sempre centos de nomes que puideron quedar baixo o mato do descoñecemento, como muíños, levadas, fontes e presas baixo as silvas. Como autor, debo agradecerlles a todas as institucións que permitiron que esta publicación, por fin, saía á luz dende ás tebras: ao Concello de Vigo; ao Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Comesaña; ao persoal da Área de Normalización Linguística da Universidade de Vigo, Eva María Castro Figueiras e María Cristina Rodríguez Ricart e ao baionés Paulo Cabral Pedreira. A Antón Palacio pola súa primeira revisión. A Gonzalo Navaza pola detida corrección do texto, as dúbidas, a escuridade aclarada do topónimo Comesaña e a súa amizade. Pola achega ás beiras do Sárdoma que Iván Sestay me fixo a partir da súa recollida de toponimia de Coia. Á Asociación Cultural e Deportiva Nautilius e á súa xunta directiva, sendo presidenta Elisa Castro, así como á Asociación Folclórica Os Ventos de Comesaña por amenizar dende O Cristo do Outeiro a andaina desta histórica parroquia. A todos os veciños e veciñas que me abriron as súas portas, deron auga cando tiña sede e responderon as miñas preguntas cando quixen saber máis. Este libro foi redactado por Anxo Rodríguez Lemos á idade de 17 anos, en 2012, e corrixido coa grande axuda do profesor Gonzalo Navaza no Nadal de 2017. Agradecementos 13

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==