Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

17 A r e c o l l i d a d o a n o 2 0 0 0 e d e 2 0 1 3 Froito dun convenio entre o Concello de Vigo e a Comunidade de Montes Veciñais de Comesaña, a recollida da toponimia desta parroquia aquí presentada é froito dun traballo de campo levado a cabo no verán do ano 2012 con posteriores revisións en 2013. Foron tardes en que A Costa da Gabaneta se fixo a miña compañeira, subila e baixala a pé, así como atravesar Rial ou A Rodeira para encamiñarme, dende esta última, a Sanín ou ao Tombo , foi acotío unha experiencia única. Previo ao noso traballo exhaustivo, existía unha recollida de nomes realizada alá polo ano 2000, enmarcada no Proxecto Toponimia de Galicia, con eivas importantes en certos apartados que non permitiu a documentación de máis de 156 topónimos. Hoxe en día, a parroquia contaconcase700nomes, entreosque temosque incluír adenominación tradicional das casas matrices, daquela non consideradas. Por poñer algún exemplo dos defectos, entre os comentarios presentes nas fichas daquela recollida podíase ler que «os nomes de camiños e pontes ou pasos no río están sen recoller» (só anotan dous camiños), os nomes de terras redúcense a 57 por ser «difícil atopar xente que saiba estes nomes» e faltan tamén as fontes, os ríos e os regueiros. A oportunidade de entrevistar xente coa que eu xa non puiden falar perdeuse. A isto quizais lle deberiamos sumar a deslocalización xeográfica de moitos dos nomes que provocou que algúns, como o Río de Gonzas , aparecese no Alto da Mina da Pedra Branca . A recollida do ano 2000 e de 2013 5

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==