Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 168 Italiana, A Recibía este nome a muller do Ricoi. Coñecéranse no distrito de Barracas, na cidade de Bos Aires. O Ricoi marchara a traballar a aquelas terras na busca dunha mellor vida, ao igual que o fixeran outros moitos paisanos dende o porto de Vigo. Traballaba nun matadoiro, La Negra , nome que recordaba a señora Consuelo dicir a seu pai ao igual ca o lugar onde coñecera aquela muller italiana que chegara alá procedente da cidade de Génova en Italia. En Comesaña colleu fama de boa cociñeira, xa que preparaba tallaríns e outras clases de pasta como ninguén o facía, o que fixo que moita xente, no lugar, a chamara para preparar vodas. A Casa da Italiana . Na fachada lese LA ITALIANA. E. F 1910 (A Viña da Veiga) L ugares de habitación Outra forma de coñecer as persoas é a de engadir xunto ao seu nome o topónimo do lugar onde viven, tendo así denominacións como A Casa da Amelia do Viveiro (A Pedra Branca), A Casa da Carballa (A Pedreira), A Casa da Isabel do Adro (A Igrexa), A Casa da Saladina do Viveiro (A Pedra Branca), A Casa da Sara do Monte (A Fonte Santa), A Casa da Severina das Ánimas (O Romeu), A Casa do Manuel da Porta (Comesaña), A Casa do Emilio da Porta (Comesaña) ou A Casa dos da Eira (A Ponte). Presa, Os da Coñécense como Os da Presa unha familia de Sanín e toda a rama de persoas nacidas naquela casa matriz. Como alcume refírese á proximidade dunha presa de regadío no lugar. Sabemos pola documentación que foi unha das familias máis ricas de todo Comesaña e que chegou a contar, alá polo 1924, con máis de 300 ferrados de millo na súa cabana. Benito Antonio García ( O Cura da Presa ) estivo de párroco en San Martiño de Figueiró (Tomiño) e

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==