Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

167 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a Varrendeiro, O Varredor ou varredora é toda a ‘persoa que ten por oficio varrer as rúas e prazas dos pobos’ (Dicionario de dicionarios) . O alcume de Comesaña aparece co castelanismo varrendeiro . A Casa do Varrendeiro (A Ponte e Os Cocheiros) X entilicios e lugares de procedencia Persoas que viñan de fóra da parroquia coñecíaselles polo nome da poboación de orixe. Como lle aconteceu a O Cangas (A Igrexa), O Sevilla (Rial), O Rioboo (Comesaña), O Extremadura ou As Salvaterras (A Pedreira). Castellano, O O xentilicio castellano sinala o lugar de procedencia deste veciño. Non sabemos se viu de Castela ou lle aconteceu como a moitos dos emigrantes que ían facer as américas e volvían falando un fino castelán que lle serviu para recoñecelos entre a veciñanza. Atopamos documentado este alcume xa no ano 1620 nun pagamento dun foro á Colexiata de Baiona cando se fala dun ben «(...) que fincó de Pedro de Comesaña y antes del Castellano (...)». A Casa do Castellano (A Ponte) Habanera, A Emigrante retornada daHabana (Cuba), illa na cal algún testamento familiar de mediados do século xix recollía bens. A Casa da Habanera (A Regueira, Casás)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==