Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 166 Médico, O Un médico é unha ‘persoa legalmente autorizada para profesar e exercer a medicina’. A persoa á que se refire este oficio é Juan Fernández Casal, doutor asentado no barrio da Igrexa e recordado por moita xente pola súa dedicación cara á parroquia. A Casa do Médico (A Igrexa) Rapaqueixos, O Un rapaqueixos é un barbeiro, é dicir, unha ‘persoa que ten por oficio afeitar a barba’. Rapaqueixos é un alcume composto do verbo rapar , ‘acción de afeitar ou cortar o pelo coa navalla’ e de queixo , substantivo que designa a parte da cara que está entre a boca e o pescozo (Dicionario de dicionarios). A Casa do Rapaqueixos (Casás) Rosquilleira, A As rosquilleiras son as persoas que fan e venden rosquillas polas feiras e romarías de toda a súa bisbarra. Ademais de por este alcume, á veciña da Pedra Branca coñecíana tamén pola Pantina. A Casa da Rosquilleira (A Pedra Branca) Serranchíns, Os Oficio móbil encargado do serrado da madeira. A Casa dos Serranchíns (A Fonte Santa)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==