Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
165 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a coñecía, polo que lles daba liberdade para falar do que quixesen tendo por seguro que ninguén de fóra do gremio os entendería. A Casa de María de Argina (O Tombo) A Casa dos Arginas (As Nogueiras) Carboeiro, O Enténdese por carboeiro a persoa que ‘fai ou vende carbón’ (Dicionario de dicionarios) . O Carboeiro de Comesaña nin facía nin vendía carbón pola zona, pero si foi un dos moitos veciños da parroquia que marchou traballar ás minas de carbón de Asturias, segundo contan na familia. A Casa do Carboeiro (O Pazo) Caseiro, O Un caseiro é toda a ‘persoa que cultiva terreos dun propietario coa obriga de pagar unha certa cantidade anualmente’ (Dicionario de dicionarios) en concepto de arrendamento. Foi este oficio o que deu lugar aos apelidos Caseiro (13 persoas en Vigo) e Caseiras (6 persoas en Bergondo, A Coruña). A Casa das Caseiras (As Pereiras) A Casa do Caseiro (O Pazo) Ferreiro, O Alcume e apelido que deberon orixinarse no home que traballaba o ferro. A Casa do Ferreiro (A Ponte) A Casa do Ferreiro (Os Pelaios)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==