Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 164 P or blasfemar Caravillas, O Unha caravilla é unha peza metálica ou de madeira que se emprega para pechar ou asegurar portas e ventás ademais doutros fins. Non é posible saber a motivación que levou a empregar este substantivo como alcume ou sobrenome, pese a que quizais fose algo tan simple como dicir: «Me cago nas caravillas!». A Casa do Caravillas (A Igrexa) Purgatorio, O Este alcume orixinouse segundo a tradición na manía de dicir mentres xogaba á chave e non atinaba co pello: «Me cagho no Purghatorio!». O purgatorio é o ‘lugar onde as almas dos que morren en graza satisfán a débeda que mereceron os seus pecados veniais’ (Dicionario de dicionarios). A Casa do Purgatorio (Os Cocheiros) O ficios Canteiro, O O canteiro é ‘o que corta e labra as pedras’. Tamén se refire por extensión á xente que constrúe ou fabrica con este material (Dicionario de dicionarios). A Casa dos Canteiros (Muíños) Outro alcume conservado na parroquia, e referido ao mesmo oficio, era o da familia dos Arginos. Provén da palabra argina , un substantivo que na fala que empregaban os canteiros (o verbo dos arginas) significaba ‘canteiro’. Era o verbo un idioma propio deste oficio que ninguén máis
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==