Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
163 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a Patitas, O Coa mesma acepción de persoa coas pernas curtas é probable que se orixinase o alcume O Patitas . A Casa do Patitas (Rial) Rabioso, O Chámaselle rabioso ou rabiosa a unha persoa que cando se enfada mostra carraxe ou cólera (Dicionario de dicionarios). A Casa do Rabioso (A Rodeira) Rato, O O Rato gañou curiosamente o seu nome no muíño. Era unha persoa que barría e deixaba tan limpo o tremiñado cada vez que moía, que cando ía outra a moer e o vía todo tan limpo dicía: «Aquí pares que xa anduveron os ratos que non hai nin óleo pegado ao pé» . Foi ese ‘defecto’ de querer aproveitar ata o último po do gran moído o que lle custou o alcume, mesmo en tempos de fame. A Casa do Rato (Casás) Zaragallas, O A zaragalla é o xenérico usado na zona para referirse ao conxunto de ingredientes que se utilizan no recheo das empanadas. A orixe deste alcume do barrio da Ponte puido referirse á fachenda do seu posesor –que tiña moita empanada– ou tamén ao carácter das súas palabras ‘insubstanciais e ociosas’ (Dicionario de dicionarios). A Casa do Zaragallas (A Ponte) Lugar do Zaragallas (A Ponte)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==