Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 162 nin portugués. A rapazada íalle roubar ao seu lugar a froita, polo que sempre se andaba a queixar que «os jaipaises siempre me comen toda a fruita». O motivo de que pronunciase mal a palabra rapaces , ou cando menos o fixese cun acento portugués que aquí descoñecían, fíxoo quedar co alcume de O Jaipaises . A Casa do Jaipaises (Rial) Macanas, O Unha macana é un «disparate, parvada, despropósito ou extravagancia» (Dicionario de dicionarios) . Trátase tamén dunha expresión coloquial moi usada na Arxentina para referirse a unha mentira. Pode ser esta segunda acepción a que podemos aplicar a este Macanas que a xulgar pola arquitectura da súa casa estivo nalgún momento da súa vida facendo as américas. A Casa do Macanas «Villa María» (A Viña da Veiga) Moxenas, O Ao igual que usamos na zona muxica ou faísca para referirnos ás chispas do lume, nalgúns lugares empregan a palabra moxena para designar tanto a chispa coma ‘os restos que desprende unha vela ao arder’ (Dicionario de dicionarios). A Casa do Moxenas (A Rodeira) Patela, A Pese a que é máis coñecido por todos o significado de cesta chata que usan as peixeiras, úsase tamén o substantivo patela para falar dunha persoa de pernas curtas (Dicionario de dicionarios) . A Casa da Patela (Casás)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==