Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
161 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a (castelanizado en escanillado ) ou polo costume de «andar en canelas» (sen medias, co pé espido dentro do zapato). A Casa do Canelas (O Tombo) Colludo, O Aplícase o adxectivo colludo a persoas e animais ‘que teñen testículos’ e, polo tanto, están sen capar. Poderíase relacionar tamén con persoas valentes que non lle temen a nada e lles botan valor ás cousas. A Casa do Colludo (O Pazo) Jachía, O Moitas veces unha persoa gañaba un alcume polo simple feito de pronunciar, falar mal ou comentar algo que fai graza. A Manuel García Comesaña pasoulle o primeiro. Cando lle preguntaban como se chamaba, respondía sempre moi seguro Manuel Jachía Comechaña , e quedoulle para sempre O Jachía , derivado do seu apelido García. A Casa do Jachía (Rial) Redondos do García (Rial) Jaipaises, O A este emigrante chegado probablemente de terras alén o mar como o Brasil ou de terras de fala portuguesa, pasoulle algo parecido ao Jachía. Cando volveu de facer as américas, toda a parroquia recórdao baixando dun taxi no cruzamento de Comesaña, ao lado das Gaiosas. Viña cargado con maletas nas cales ao parecer traía unha chea de antigüidades e de cousas vellas, e falaba unha lingua que non era nin galego, nin castelán,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==