Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 160 A Casa do Pirillas (A Igrexa) A Canteira do Pirillas (Casás) O Lugar da Pirillas (Casás) E ivas e defectos Bastaba con ter unha eiva, xa nun ollo para que che puxesen O Chosco ou O Cego , xa nunha perna para ser O Coxo . Cagallón, O Referente tanto a persoas coma a animais, un cagallón é a ‘materia fecal consistente e moldeada’ (Dicionario de dicionarios) . Aplícase neste caso a unha persoa baixo a acepción de medoñenta ou por problemas intestinais nalgún momento concreto da súa vida. A Mina do Cagallón (Sanín) Callán, O/Callana, A Callán é unha palabra sinónima de mangallón. Como adxectivo emprégase para designar unha persoa ‘folgazana, vaga, rapaz moi crecido e moi indolente’ (Dicionario de dicionarios). O Lugar dos Calláns (A Ponte) A Casa da Callana (A Ponte) Canelas, O A ‘parte da perna situada entre o xeonllo e o pé’ (Dicionario de dicionarios) é a canela , palabra que nos últimos tempos pasou a substituírse na zona pola forma castelán canilla . Cando se aplica como alcume a unha persoa faise atendendo ás canelas longas e delgadas que tiña, que deron lugar ao adxectivo escanelado

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==