Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
159 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a A specto físico Barbas, O É un alcume individual orixinado polo costume de levar barba que tiña o seu orixinal posesor. Barba tamén é apelido que levan no concello de Vigo 24 persoas. A Casa do Barbas (Rial) A Mina do Barbas (Rial). Mina de auga de gran lonxitude escavada no xabre e de uso particular desta familia. Accédese a ela por unhas escaleiras de pedra. Galán, O Ser galán aplicábase ao home que era garrido e atractivo ‘que galanteaba e lle facía as beiras ás mulleres’ (Dicionario de dicionarios) . Como apelido son Galán en Vigo 132 persoas. A Casa do Galán (A Igrexa) Marelas, As Este alcume é posible que se refira á coloración da pel destas mulleres solteiras que vivían no barrio da Pedreira. Os dicionarios recollen tamén para marela a ‘canción que as cuadrillas de segadores cantan a toda voz para competir cos doutros grupos’ (Dicionario de dicionarios). A Casa das Marelas (A Pedreira) Pirillas, O Ao igual ca no caso do Barbas, este alcume foi en orixe individual e pasou logo a referirse a toda a familia deste home que debía deixar perilla.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==