Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 158 frecuentes, refírese a unha persoa que por nada que teña xa se está a queixar, motivo polo que Sarmiento dedicou a Mixeriqueiro unha obra enteira. A Casa da Mixerica (Comesaña) Paifocos, Os Úsase o adxectivo paifoco (a partir do primeiro elemento Paio , nome persoal) para falar dunha persoa ‘pailana, agreste, rústica e de modais rudos’ que á vez podía ser ignorante (Dicionario de dicionarios) . A Casa dos Paifocos (Casás) Pelates, O Alcume procedente do nome Pilatos. Poncio Pilato foi o gobernador romano responsable da condena de Xesucristo á cruz, polo que se relacionou este nome tradicionalmente con persoas de mal xenio e de mal carácter, que ao igual ca este personaxe lavan as mans en certos temas. A Casa do Pelates (A Igrexa) Pillabana, A O feminino de pillabán é pillabana , adxectivo empregado para falar dunha ‘persoa lista e esperta que sabe cousas impropias da súa idade’ e que actúa tamén con malicia e astucia facendo sempre trasnadas. Úsase na parroquia o dito «Ser como a defunta da Pillabana» para referirse a unha persoa que todo lle vale. A Casa da Pillabana (A Pedra Branca)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==