Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

157 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a Cuco, O/Cuca, A O alcume cuco procedente do paxaro (Cuculus canorus) aplícase ás persoas ‘que a todo sacan proveito’, así como adxectivo para falar de alguén ‘listo, avisado, astuto e sagaz’ (Dicionario de dicionarios) . A Casa do Cuco (Os Cocheiros) A Casa do Cuco (O Pazo) A Casa da Cuca (As Pereiras) Grilo, O Puido ser o costume de cantar seguido o que motivou a aparición deste alcume. O Grilo sabemos que era propietario dun muíño en Casás. O Muíño do Grilo (A Regueira, Casás) O Charco do Grilo (A Regueira, Casás) A do Grilo (As Pereiras) Maturranca, O O alcume maturranca é posible que sexa unha alteración dun orixinal maturranga , substantivo masculino empregado para falar dunha persoa vagabunda, paseante e folgazana (Dicionario de dicionarios) . A Casa do Maturranca (A Ponte) Mixerica, A Téndese a falar de persoa mexericas cando esta gusta de contar chismes e cousas da vida dos demais. Nalgúns casos, menos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==