Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 156 A Casa do Cabra (O Pazo) A Casa de Lucinda do Cabra (A Pedra Branca) A Tenda do Cabra (Casás) Cachán, O A palabra cachán aplícase normalmente como alcume a un ‘home que é moi dado ás mulleres’ e como eufemismo para designar o demo (Dicionario de dicionarios) . En Comesaña, o alcume orixinal tamén se feminizou coa forma Cachana . A Casa dos Cacháns (O Tombo) A Casa da Cachana (Comesaña) Carozo, O Cando acabamos de debullar o millo o que nos queda é o carozo. É ‘a parte leñosa ou óso da espiga’ (Dicionario de dicionarios) . Aplícase ás persoas que seguindo o dito popular «son duras coma carozos». A Casa do Carozo (Sanín) Corroña, A Probablemente derivado de carroña , é un substantivo empregado para falar de persoas que só traballan para ‘o seu propio ben, miserables e egoístas’. É carroña ou carraña un sinónimo tamén de roña , referíndose tamén á ‘capa de sucidade do corpo por falla de limpeza’ (Dicionario de dicionarios). A Casa da Corroña (Muíños)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==