Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
155 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a Academia Galega) . En 1858 Benito Rouco Posada manifesta ante o Concello, para que se lle cobre a correspondente contribución, ter construído dende 1874 unha casiña de planta baixa no lugar da Rodeira. 21 A Casa do Rouco (Os Eidos) Vilas O apelido Vilas é un plural secundario e equivale ao orixinal Da Vila , como Os Costas dun Da Costa. Recolleuse noutras parroquias o alcume O Vilas con valor toponímico en recordo do lugar de onde era natural quen o levaba (Vilas en Morgadáns). O mesmo acontece en alcumes como O Belesar , O Morgadáns ou O Lañelas (de Lanhelas, Portugal) recollidos en Santa Baia das Donas (Gondomar). A Casa do Vilas (Comesaña) C arácter e comportamento Barbatán, O Barbatán é unha palabra que se emprega como adxectivo cualificativo aplicado a un home bruto. A Casa do Barbatán (Comesaña) Cabra, O O nome da cabra serviu, polo comportamento do animal inquedo e aventureiro, para referirse a persoas destemidas e algo atoladas. 21 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), BOU/25. 1858, decembro, 19, Bouzas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==