Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 154 apelido 124 persoas en todo o concello vigués e 65 na Caniza. A lenda popular puido ter certo fondo. Outra versión lembra como os antepasados desta familia viñeron fuxidos de Francia cando naqueles territorios se estaba a vivir unha guerra. A Casa dos Reinaldos (Sanín) Ricoi A tradición popular local di que a familia Ricoi non era nativa da parroquia. Cóntase na familia que, cando se comezou a construír a igrexa de Matamá, xunto a moitos dos canteiros da contorna, concorreron á obra do templo canteiros cataláns. Entre eles, parece que viña José Luís Ricoi Monteagudo, un recoñecido canteiro catalán que participou na obra e que trouxo este apelido. En 1900 documentamos xa con residencia en Comesaña ao mestre canteiro don Luís Ricoi Prado, partícipe na construción, entre outras obras, da casa do barbeiro Juan Jalda Figueiras, no sitio da Ribeira do Mar, paralela á rúa de Santa Ana, en Bouzas. 20 En todo Vigo contabilízanse 104 persoas así apelidadas, o que o converte nun dos concellos galegos con máis presenza de Ricoi. A Casa do Ricoi (A Viña da Veiga) Ouso deste apelido como se fose un alcume levou á súa feminización ao coñecerse unha filla do Ricoi como A Ricoia . A Casa da Ricoia (O Tombo) Rouco Apelido común na comarca, orixinado do latín raucus , o apelido Rouco , documentado amplamente na onomástica medieval galega, é adxectivo aplicado a quen está ‘afectado de rouquén’, por son ou voz ‘áspera e pouco clara’ (Dicionario da Real 20 Arquivo Histórico Municipal de Vigo, BOU/25. 1900, maio, 15, Comesaña.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==