Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

153 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a forma en que deu o alcume semellaría máis dun A meixida orixinal, castelanizado, entendido na toponimia como lugar onde hai ameixeiras (do latín damasceneta ). A Casa da Meijida (Casás) Pintos O apelido Pinto , seguramente toponímico, orixinario de Pintos (Pontevedra) deu lugar na parroquia a un alcume que conta con variante masculina e feminina. En Vigo é o apelido de 441 persoas. A Casa do Pintos (Sanín) A Casa de Pura A Pintas (Os Liñares, Os Cocheiros) Reinaldo Reinaldo é apelido patronímico sen sufixo procedente dun nome persoal medieval de orixe xermánica ( R eginaldus ) . O foco de expansión de todas as persoas portadoras deste apelido parece ser o lugar dos Reinaldos, na Caniza, o que levaría a consideralo apelido toponímico (a pesar de ter sido como dixemos o topónimo o que se formou a partir do nome persoal). Ao coñecerse o lugar en forma plural, como o alcume de Comesaña, o apelido toponímico debería ser Reinaldos se non se considera que o plural naquel topónimo é secundario, sendo a forma orixinaria en singular como demostra, xunto a outras variantes, a documentación (consultada polo profesor Gonzalo Navaza) do mosteiro de Melón (Ourense) desde, polo menos, o século xiii con A de Reinaldo , Id quod Regnaldus ou Cabana de Reinaldo. Reinaldo é apelido galego a pesar da orixe exótica en Francia que a explicación popular local achegada por Antonia Costas Comesaña lle outorga. Segundo esta, entre as tropas do coronel Chalot e o xeneral Limousin viña un Renault ou Renaud que, tras a retirada, se asenta en terras da Caniza. De aquí procedería a rama orixinaria que logo de asentarse en San Paio de Navia, emparentaría en Comesaña. Levan este

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==