Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 152 A Casa dos Carreira (Casás) ou A Casa dos Simóns ( Casás). Xunto aos apelidos, algúns nomes quedaron como denominación das casas, como pasa en A Casa da Benjamina (Casás) ou A Casa de Marta (Casás). D e apelidos Entre os apelidos son dignos dunha pequena explicación, respecto da súa orixe, os seguintes. Baladrón Apelido xurdido de alcume referente a home ‘farfallán, o que sendo covarde xáctase e alardea de valente’ (Dicionario de dicionarios) . Os Baladróns de Comesaña son orixinarios da veciña parroquia de Coruxo. A Casa do Baladrón (Casás) Llanderas Llanderas é un apelido pouco frecuente en Galicia e non galego segundo delata a súa forma con ll - inicial. É apelido toponímico que levan nesta área oito persoas en Nigrán e once en Vigo. En España, Gipuzkoa é a provincia con máis xente así apelidada. A Casa do Llanderas (As Nogueiras) A Cabana do Llanderas (As Nogueiras) Campo do Llanderas (nos terreos da desaparecida industria Hierros Arteta na Florida) Meijide Da feminización e adaptación do apelido castelanizado Meijide ( Ameixide orixinal) en alcume, provén A Meijida ou A Mengida. A

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==