Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

151 O s A l c u m e s d a p a r r o q u i a n a t o p o n i m i a Cando a xente se relacionaba máis entre ela, cando o traballo do agro era comunitario ou cando ao saír da misa se dispuñan os arranxos dos camiños e a limpeza das presas, todos sabían os alcumes das familias. Eran elemento identificador dunha casa, dos seus membros e mesmo das terras que se posuían. Tentar explicar cada un dos sobrenomes é complexo, atenden a motivación diversa e hainos tan curiosos como O Twist (polo baile ou ritmo), O Pulido (podería corresponder a apelido), O Feto , O Fanito , O Caghetillo (pronunciaba mal carretillo), A Chicheliña , O Despegaorellas , A Cabeza de Pito , A Heredera , O Marica , A Franselina , A Calandra , A Cafona , A Sexa , O Canete , O Perero , O Caneco , A Charragela , O Tolo , O Mala Raia , A Chorona , O Mimoso , O Fatigas , A Chidiñas , A Matiña , O Planchado , A Quica , A Marrola , A Chinita ou O Ligero ; este último, castelanizado, foi tamén apelido durante a Idade Moderna e poido documentarse para as terras de Fragoso e de Miñor no século xvii ou xviii como Lixeiro. Boa parte deles quedaron identificados cunha casa, a casa matriz , o xerme da familia e célula básica de consumo e produción (Souto González, 1995: 4). Nomes e apelidos serviron tamén, como se de alcumes se tratasen, como distintivo familiar: A Casa da Crespa (Rial), A Casa do Acuña (A Ponte), A Casa do Calzada (A Igrexa), A Casa do Costas (Casás), A Casa do Gandra (O Tombo), A Casa do Grande (As Pereiras) , A Casa do Hermida (A Ponte), A Casa do Iglesias (A Ponte), A Casa das Millanas (A Ponte), A Casa do Monroi (O Pazo), A Casa do Novas (Os Eidos), A Casa do Piñeiro (Casás), A Casa do Rodríguez (Comesaña), A Casa do Sangiao (As Nogueiras), A Casa do Sobreira (A Ponte), A Casa dos Caietanos (Casás) , A Casa dos Campiños (Rial), Os Alcumes da parroquia na toponimia 9

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==