Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 148 Os trazados tortuosos dalgúns dos camiños deron lugar á aparición de voltas e estreitamentos perigosos denominados por algo que os caracterizou; no caso de A Volta do Sevilla foi a proximidade da casa deste veciño mentres que no topónimo de A Volta da Gabaneta descoñecemos se aconteceu algo semellante pero cunha persoa alcumada A Gabaneta. Neste caso, o alcume podería provir do uso dunha antiga peza de roupa, derivada de gabán, coñecida como gabaneta . Xan Cereixo, O O topónimo Xan Cereixo consta dun primeiro elemento formado por Xan, variante popular galega do nome Xoán e un segundo, Cereixo, apelido ou alcume do posesor destas terras. A unión de nome e apelido, seguindo este patrón, documentámolo noutros lugares como Xan Amigo (Osedo, Sada), Xan Xordo (Sabugueira, Compostela), Xan Ferro (Baíña,Baiona) ou Xan Carreatos (Baredo, Baiona). En Comesaña existe tamén A Casa do Xan Fernández no barrio da Ponte. «vna coutada al sitio de San Sereyxo » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5v) Xepemiguel, O Nome dunha das parcelas das moitas que forman os campos de Redondos. Xepe era hipocorístico habitual no século xix para Joseph. Como en Pepe, pénsase na posible influencia dos hipocorísticos italianos de Giuseppe. O Xepemiguel é o resultado evolutivo dun José Miguel, seguramente nome do seu antigo propietario e que quedou na terra referíndose ao (campo) do José Miguel.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==