Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

13 O r o g r a f í a Comesaña é unha parroquia cun relevo moi accidentado cara ao sur, onde predominan os outeiros e os altos, mentres que cara ao norte, xa lindando con Navia e Coia, predominan as chás e as pequenas vagoadas, así como acontecía na estrema con Matamá nas terras que en 1957 comezou a ocupar a Zona Franca. Aparecen, polo tanto, cara á zona do norte altos como O Curucho da Aguieira , punto máis alto da parroquia a 163 m sobre o nivel do mar, seguido da Paraguda (131 m), A Pedra Longa (107 m), que estrema con Coruxo, e o Monte do Castro (95 m). En dirección sur sucédense as terras baixas xa contra o río Sárdoma e as acentuadas chairas existentes nas terras de Citröen, que é probable que fosen noutros tempos lugar de vestixios megalíticos como nos dá mostra o topónimo fosilizado no lugar (As Antas). Son boa mostra dos abundantes afloramentos rochosos a media ducia de canteiras que estiveron en explotación dende mediados do século xix ata a década dos anos oitenta. Orografía 3

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==