Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
147 T o p ó n i m o s Acaso se trate dunha alteración de Miragaia en que o mira - mudou por - vira nun fenómeno fonético común tal e como se indica para A Viragaia recollida no camiño da Galeota, no Porto, na parroquia de Beade (Carrasco e Navaza, 2014: 119). Unha Miragaia había tamén en Lavadores (alterada en Miranaia ) como topónimo composto do verbo mirar e o antigo adxectivo provenzal gaio, gaia ‘alegre’ que, como nome, viría significando algo semellante a Vista Alegre. Viveiro, O Aínda que hoxe en día se coñece como rúa do Viveiro unha das vías novas que aparecen nos chalés do Topete, O Viveiro era o nome dun espazo do monte da Pedra Branca por debaixo do Castro. Un viveiro , do latín vivariu , é un sitio onde se sementan landras, castañas, piñóns etc., moi espesos para que nazan plantas que logo se teñen que transplantar (Dicionario de dicionarios) . A existencia en todas as parroquias dunha devesa de propiedade real leva consigo a presenza normalmente dun viveiro onde se plantaban os novos brotes. En Comesaña dunha a outra propiedade non había moita distancia, polo que unha vez extraídas do viveiro, as novas árbores xa se plantaban na devesa. Segundo a documentación, debeu ser a partir de 1754, aínda que xa se falaba de «un bivero viejo», cando se manda facer un novo «por no aver bivero alguno, se reconoció el citio que podía ser más apropósito para este efecto y se allo en la ynmediacion de la dehesa antigua por la parte de avajo de ella». Este novo viveiro debeu ser o que lle deu lugar ao nome hoxe conservado, e grazas ao cal sabemos a súa histórica localización. Volta da Gabaneta, A; Volta do Sevilla, A Curva destacada no camiño de Rial onde este se cruza co camiño do Femio pouco antes de chegar ao Pontillón.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==