Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 146 Viña Alta, A; Viña da Veiga, A; Viña de Comesaña, A; Viña do Poste, A; Viña do Roque, A; Viña Nova, A; Viñas do Tombo, As A Viña da Veiga pasou de referirse a unhas únicas terras a facelo de todo un barrio. Do latín vinea desígnanse co substantivo viña os terreos en que hai plantados Vitis vinifera . A maioría dos nomes recollidos de viñas refírense ao lugar en que se localizan, como acontece en A Viña da Veiga , A Viña de Comesaña ou As Viñas do Tombo . Os outros designan certas características das viñas e mesmo o seu antigo propietario como A Viña do Roque . Así, A Viña Alta é unha das moitas viñas en parra da parroquia, pero que, ao ter que ceder paso de servidume, conta cunha altura destacada fronte á normal. A Viña Nova refírese a unha terra en que non debía haber vides pero que se plantaron novas. Segundo o Catastro de Ensenada en Comesaña había «ciento y once cavaduras de parra, cinquenta y cinco de primera calidad y cinquenta y seis de segunda. Ducientas y quarenta cavaduras de viñas, treinta y una de primera [calidad], ciento veinte y nueve de segunda [calidad] y ochenta de tercera [calidad]». «dos ferrados (...) secano al sitio de Viña Vella » (1752, CME, Leigos, f. 437v) Outro topónimo que se debeu perder ao longo dos anos e relacionado con viña , por referirse a un terreo destinado a viñedo, é O Bacelo . Procedente de * bacillu ou bacellu referíase a terreos en que había viña recentemente plantada, pois bacelo é un ‘vástago de videira que se planta para crear cepa’. «una tercia de cavadura de viña (...) al sitio do Bazelo » (1752, CME, Leigos, f. 626v) Viragaia, A A Viragaia é a ladeira que, dende o antigo camiño do Perdiz, foi solucionada no PAU de Navia a base de estanques de auga.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==