Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

145 T o p ó n i m o s «Benito Alonso de Parada vezino de San Pedro de Matamá y los hijos de María de Comesaña pagan quatro reales y medio por la leira da viña da beiga » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 11) «un ferrado y quarta (...) secano al sitio de Cocho de Viña da Veiga » (1752, CME, Leigos, f. 490v) «sesenta y dos ferrados labradío secano (...) al sitio de veiga da viña » (Libro do Maior Facendado, libro 273, f. 3928, rolo 196 B, AHU) «la de la viña da Veyga » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5r) Vesada, A O conxunto de fábricas e empresas que están entre a gasolineira e a entrada cara ás naves de Vitrasa, na estrada de Camposancos, están todas elas situadas en As Vesadas e algunha na Calquiña. Vesar é un verbo equivalente a rozar e cachar, procedente do latín versare , derivado de versu ‘suco aberto polo arado’. Vesar é arar a terra para ser cultivada. «A Juan Manuel, desertor hijo de José Costas y María Antonia Alonso [se le embarga] el terreno nombrado da besada » (1839, AHMV, Subasta de bens secuestrados aos prófugos do distrito, BOU/24, f. 2v) Vimbios, Os; Vimbieiros, Os Eran coñecidos como Os Vimbios os terreos situados á entrada do camiño do Anguieiro onde hoxe están plantados os tres grandes chopos que presiden a entrada sur a Citröen. No interior da Zona Franca había tamén Os Vimbieiros . Os vimbios ou vimes (do latín viminem ) son as pólas flexibles que nacen dun vimieiro e que se empregan para armar as viñas ou facer cestos. Debeu ser a abundancia nestas zonas o que fixo que servisen para denominar terras próximas e nas cales se daba este arbusto caducifolio coñecido científicamente como Salix viminalis .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==