Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 144 «Jorge Méndez y Esteuo Bonzo traen vn campo que se dize da Ufa» (AHMV, Relazion, 1643, f. 2r) «con más sobre otro campo suyo que se dize da hufa que llebara de sembradura un bucio de trigo de sembradura poco más o menos» (1661, AHD, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, 16, carpeta 2, f. 4) «más el cocho da Ufa de seis ferrados» (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 2r) «un ferrado y medio (...) secano al sitio da Ufa » (1752,CME, Leigos, f. 522r) «un ferrado (...) secano al sitio da Ufa » (1752,CME, Leigos, f. 527r) «... al sitio da Ufa » (1752,CME, Leigos, f. 566r) «... al sitio da Ufa » (1752,CME, Leigos, f. 645r) Veiga Grande, A; Veiga, A; Viña da Veiga, A A Veiga é o nome dos terreos que ocupa a empresa Gestamp en pleno barrio de Comesaña, e onde noutros tempos estivo a Matricería LAP (Luís Aramburu Parra), de aí que moita xente fale tamén dos Campos de Alamburu modificando o apelido orixinal. Preto desta estaban os campos de A Veiga Grande e A Viña da Veiga , este último topónimo nome dun dos barrios dende o século xx . Veiga é unha palabra prelatina característica de toda a península ibérica (en castelán vega ) para designar as terras cultivables e fértiles, normalmente ás beiras dun río, que no caso galego pasou a referirse a calquera terra de labor. Son múltiples as súas acepcións nos dicionarios: ‘terreo baixo, amplo e fértil’ (Dicionario da Real Academia Galega) , ‘herdade ou labradía de curtas dimensións’ ou ‘porción de terreo chan e húmido, dedicado a cultivo de cereais’ (Dicionario de dicionarios) . A partir deste substantivo feminino xurdiron nomes como A Veiga Grande , onde veiga aparece modificada polo adxectivo grande que nos informa do tamaño da terra; ou A Viña da Veiga , que nos indica o lugar onde estaba plantada a viña. Aparece tamén o topónimo A Veiga da Viña constantemente na documentación ata o século xx .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==